Friday 10 de May de 2024

Concerto da orquestra sinfónica municipal, o domingo no Parque da Lagoa


Continuando coas actuacións ao aire libre das agrupacións da Escola Municipal de Música, este domingo 14 de maio, ás 12.30 horas, a Orquestra Sinfónica ofrecerá un concerto no Parque da Lagoa de Mera. Esta actuación contará coa participación do alumnado da Escola Municipal de Danza e do Coro La Tremenda Tremolina.